A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 34713 (11/PNC-003174)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un plan de accesibilidade dos albergues públicos de peregrinos
BOPG n.º 320, do 19.05.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a continuar co traballo realizado para a mellora da accesabilidade da rede pública de albergues da Xunta de Galicia, e en liña con recollido no Plan director do Camiño de Santiago 2022-2027 e elaborar un plan das necesidades de accesibilidade co tecido asociativo de persoas con discapacidade cara adaptar e mellorar a accesibilidade para o conxunto dos colectivos de persoas con algún tipo de discapacidade."