Santiago, 14 de xuño de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de María Belén Salido Mariño como deputada do Grupo Popular pola Coruña, en substitución de Miguel Tellado Filgueira; e de Fernando Pérez Domínguez, como deputado do Grupo Popular por Pontevedra, en substitución de Alberto Núñez Feijóo.
María Belén Salido Maroño naceu en Monfero en 1977. É Técnica de Administración e Finanzas. Traballou como administrativa no sector público e privado. É concelleira e voceira do Partido Popular no concello de Monfero e presidenta do PP do mesmo concello.
Fernando Pérez Domínguez naceu en Caldas de Reis en 1967. É economista pola Universidade de Vigo, especializado en asesoramento fiscal. Membro do Rexistro de expertos contables xudiciais e administrador concursal. Corredor de Seguros, acreditado pola Universidade San Pablo CEU e o CECAS. Posúe formación en Administración de Negocios Dixitais certificado pola Universidade de Barcelona. Foi candidato do Partido Popular a alcaldía de Caldas de Reis nas pasadas eleccións municipais de 2019, exercendo desde ese ano como concelleiro e voceiro do grupo municipal do Partido Popular.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.