A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 9 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 30889 (11/PNC-002774)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto dos investimentos para a implantación de sendas peonís e ciclistas na área metropolitana de Santiago
BOPG n.º 286, do 02.03.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
Priorizar os investimentos da súa Estratexia para a implantación de sendas peonís e ciclistas na área metropolitana de Santiago, e nomeadamente a vía que conecta O Milladoiro-Santiago de Compostela.”