saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, celebrada o 3 de xuño de 2022

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 3 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 26408 (11/PNC-002479)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para o control da praga de rata toupa na Montaña lucense e para paliar as perdas xeradas por este animal nas granxas
BOPG n.º 250, do 03.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1º. Seguir a establecer e intensificar as medidas técnicas precisas para o control da praga da rata toupa na montaña lucense.
 
2º. Seguir os trámites precisos para a declaración desta especie como praga, co fin de ampliar as ferramentas destinadas ao seu control que non ao seu exterminio.
 
3º. Que dentro do plan de pastizais de Galicia, e con carácter prioritario, se impulsen novos pastos nos montes veciñais en man común nestas zonas de afectación  e se realicen as actuacións de mellora e mantemento nos xa existentes como medida de compensación pola perda de forraxe e para o control desta especie."
 
- 34381 (11/PNC-003142)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para poñer en marcha un programa de actualización e revitalización da rede de viveiros forestais e instalacións de produción de materiais forestais de reprodución
BOPG n.º 318, do 12.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que:
 
1º. Poña en marcha un programa de actualización e revitalización da rede de viveiros forestais públicos e instalacións de produción de materiais forestais de reprodución.
 
2º. Actualice a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia pola que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina