saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 20 de maio de 2022

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 20 de maio de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 34070 (11/PNC-003104)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e seis deputados/as máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da localización en Galicia da sede central do Instituto Español de Oceanografía
BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitarlle ao Goberno do Estado, que consonte ao plan de descentralización do IEO impulsado polo Ministerio de Ciencia, Galicia, e nomeadamente Vigo, sexa a sede central do Instituto Español de Oceanografía, e especialmente das áreas dedicadas á pesca e a acuicultura. Para iso o Goberno galego, dentro das súas competencias, debe de levar a cabo cantas actuacións sexan precisas, para acadar que Vigo sexa a sede central do IEO, previa apertura do proceso por parte do Goberno do Estado."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 33856 (11/PNC-003077)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e dous deputados/as máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno do Estado respecto da sede permanente do Instituto Español de Oceanografía en Vigo e a transferencia á Xunta de Galicia das competencias para a xestión dos centros deste instituto en Galicia
BOPG n.º 312, do 27.04.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1. No inmediato, demandar do Goberno do Estado que as sedes permanentes de pesquerías e acuicultura do Instituto Español de Oceanografía se trasladen ao Centro Oceanográfico de Vigo, polo importante labor científico que este centro leva desenvolvido neses ámbitos ao longo dos anos e porque este centro reúne as mellores condicións técnicas e científicas.
 
2. Emprender de xeito inmediato a comunicación e as xestións precisas co Goberno do Estado para iniciar o procedemento para o traspaso de competencias da totalidade da xestión económico administrativa dos centros do Instituto Español de Oceanografía en Galicia para que pasen a formar parte da estrutura da propia Xunta."
 
- 34116 (11/PNC-003108)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e seis deputados/as máis
Sobre a solicitude da Xunta de Galicia ao Goberno de España de apertura dunha mesa de diálogo para rematar coa situación e inseguridade xurídica á que o departamento de Costas do Estado somete a cadea mar-industria de Galicia
BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para solicitar a apertura dunha mesa de diálogo entre ambas administracións para rematar, aclarando o alcance de normativa sobre os espazos costeiros, coa situación de inseguridade xurídica á que o departamento de Costas do Estado somete á cadea mar-industria de Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina