A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 24 de maio de 2022, ás 16:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de maio de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único. Designación de dous senadores ou senadoras representantes da Comunidade Autónoma de Galicia en substitución de Dª Elena Muñoz Fonteriz e D. Juan Carlos Serrano López (Art. 165.4 do Regulamento do Parlamento de Galicia)
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente