saltar ao contido

O Parlamento de Galicia elixe presidente da Xunta a Alfonso Rueda Valenzuela

Santiago, 12 de maio de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu este mediodía a Alfonso Rueda Valenzuela como presidente da Xunta de Galicia, rematando así a sesión de investidura que comezou o pasado martes.
 
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, comunicará a elección ao rei Felipe VI e ao presidente do Goberno de España de cara á publicación do Real Decreto de nomeamento do presidente da Xunta de Galicia. O igual que en anteriores ocasións, esta comunicación efectuarase por vía telemática con sinatura electrónica.
 
A toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia celebrarase o vindeiro sábado, 14 de maio, ás 12,00 h. na sede do Parlamento de Galicia.
 
O vídeo da segunda xornada da sesión de investidura (este xoves) está dispoñible no seguinte enlace:
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina