saltar ao contido

Acordo da Mesa do Parlamento, do 25 de abril de 2022, polo que se aproban recomendacións sobre o uso de máscaras de protección respiratoria

A Mesa do Parlamento, logo da recente publicación do RD 286/2022, do 19 de abril, á vista do informe achegado polo Servizo de prevención e riscos laborais,  unha vez escoitados os grupos parlamentarios, e aínda que o uso de máscara de protección respiratoria xa non é obrigatorio acorda recomendar, dende o punto de vista preventivo, o uso dela nas seguintes circunstancias:
 
- Persoal traballador con sintomatoloxías compatibles coa COVID19.
 
- Persoal traballador non vacinado.
 
- Persoal traballador contaxiado non obrigado a gardar corentena, asintomáticos e leves.
 
- Persoal que fora contacto estreito cun positivo en COVID19, durante ao menos os 5 días seguintes ao  contacto.
 
- Persoal traballador que teña circunstancias individuais de vulnerabilidade á COVID19, persoas de 60 anos ou máis, inmunodeprimidos e embarazadas.
 
- Nos desprazamentos de dúas ou máis persoas nos interiores de vehículos ou medios de transporte laboral.
 
- Cando existan situacións de aglomeración ou concentracións de persoas en espazos interiores con escasa ou nula ventilación.
 
- Naquelas situacións nas que non se poida garantir a distancia social de 1,5 metros, e por exemplo, durante reunións, grupos de traballo, tarefas que impliquen contacto directo con outras persoas, etc. que teñan lugar en espazos interiores.
 
- Estas recomendacións son extensibles ao persoal dos grupos parlamentarios, persoal dos medios de comunicación e a calquera persoa que, pola razón que sexa, acceda ao interior da sede do Parlamento de Galicia.
 
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina