A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 22 de abril de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 24659 (11/PNC-002300)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Ferro Iglesias, José Luis e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para demandar ao Ministerio de Educación e Formación Profesional a rectificación da exixencia para o acceso ás bolsas para o alumnado con necesidades educativas especiais e con necesidades específicas de apoio educativo
BOPG n.º 228, do 17.11.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a que demande ao Ministerio de Educación que rectifique a súa esixencia para o acceso ás bolsas para alumnado con necesidades educativas especiais e con necesidades específicas de apoio educativo, de xeito que recupere e mellore os criterios para facilitar a súa concesión e propiciar que as familias e o alumnado poida ter un mellor acceso a unha atención educativa e social que contribúa á súa inclusión real."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 33117 (11/PNC-002997)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para poñer en marcha unha campaña de animación ao consumo de cultura galega entre a infancia e a mocidade
BOPG n.º 303, do 05.04.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1º) Impulsar liñas de actuación específicas para potenciar a creación de produtos culturais en galego dirixidos aos menores de idade.
2º) Fomentar campañas de animación ao consumo de cultura galega entre a infancia e a mocidade."