A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 13 de abril de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 32632 (11/PNC-002939)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Salgado, Carlos e 7 máis
Sobre o impulso por parte da Xunta de Galicia dun plan estratéxico do sector agrario para a comarca da Limia e as medidas que debe solicitar do Goberno central para a mellora do regadío desa comarca
BOPG n.º 300, do 30.03.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Impulsar o Plan estratéxico do sector agrario da comarca da Limia xa posto en marcha pola Consellería do Medio rural co fin de alcanzar un mellor e mais efectivo aproveitamento dos recursos e reducir a concentración de nutrientes nas augas.
2.- Demandarlle ao Goberno de España que axilice a tramitación das autorizacións solicitadas á Confederación Hidrográfica Miño Sil para levar a cabo as obras consistentes na construción dos pozos de sondaxe coa finalidade de proceder ás obras de Modernización do Regadío da Limia.
3.- Demandarlle ao Goberno de España que asuma a maior porcentaxe posible no financiamento da modernización do Regadío da Limia co fin de que as Comunidades de Regantes poidan asumir o desembolso que lle corresponda.
4.- Demandarlle ao Goberno de España o inicio inmediato das obras comprometidas de limpeza das canles e camiños secundarios como mecanismo para mellorar o funcionamento e eficiencia do regadío da Limia por importe total de 16 millóns de euros.
5.- Demandarlle ao Goberno de España que asuma a necesidade de dedicar fondos europeos Next Generation en contía suficiente para solucionar a problemática da xestión dos xurros dun xeito integral para todas as explotacións gandeiras, e sen poñer en perigo a súa viabilidade económica nin impedir o uso dos xurros como un fertilizante para as súas terras, dentro dos límites que marque a normativa vixente na materia. De xeito particular, que en Galicia se apoie con eses fondos Next Generation a posta en marcha do proxecto do Centro de impulso a economía circular que promove a Xunta de Galicia."