saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 7 de abril de 2022

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 7 de abril de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 26325 (11/PNC-002476)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da promoción de accións dirixidas a frear a proposta da Comisión Europea para a modificación da Directiva sobre fiscalidade da enerxía que elimina as axudas aos combustibles do sector pesqueiro
BOPG n.º 250, do 03.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
-Dirixirse ao Goberno de España para que promova accións dirixidas a frear a proposta da Comisión Europea para a modificación da Directiva sobre Fiscalidade da Enerxía que elimina as axudas aos combustibles do sector pesqueiro namentres non haxa unha posición aprobada no seo da OMC ao respecto destas bonificacións.
 
-Que siga a colaborar co Goberno de España á hora de trasladar un posicionamento forte, claro e documentado de cara a frear as propostas da OMC e da Comisión Europea sobre eliminación das subvencións do combustible á pesca.
 
- Elaborar, en colaboración co sector, estudos e informes sobre o impacto social, económico e laboral que tería a modificación da Directiva de Tributación da Enerxía no sector pesqueiro galego e no conxunto da economía do noso país.
 
-Impulsar todas as acción que se consideren tendentes a reverter a proposta da Comisión Europea e os seus efectos na frota galega, nomeadamente facendo valer o carácter de país altamente dependente da pesca diante da Unión Europea."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 28511 (11/PNC-002596)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para aplicar un imposto do valor engadido superreducido aos produtos do mar
BOPG n.º 264, do 26.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a esixir ao Goberno de España a aplicar un IVE súper reducido aos produtos do mar, unha vez se aprobe a Directiva europea de reforma dos tipos de IVE”.
 
- 31671 (11/PNC-002839)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia á Dirección Xeral da Mariña Mercante respecto da posta en marcha dunha campaña de concienciación en relación cos perigos da navegación e a súa prevención
BOPG n.º 292, do 16.03.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
- Demandar da Dirección Xeral da Mariña Mercante a elaboración dunha mensaxe (alerta rápida) para ser radiada de forma continua como “aviso aos navegantes”, no que se lembre o preceptivo cumprimento do Regulamento de Comunicacións Marítimas do ano 2006 para a activación e emisión das alertas de socorro en chamada selectiva dixital en función da zona marítima na que faenen ou naveguen.
 
- Poñer en marcha unha campaña de concienciación dirixida aos patróns e mariñeiros dos buques galegos sobre os perigos da navegación e a súa prevención.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina