saltar ao contido

Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 6 de abril de 2022

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 6 de abril de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 2539 (11/PNC-000268)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa realización de procesos selectivos centralizados para os corpos de Policía Local
BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1º.- Continuar impulsando a celebración dos procesos selectivos centralizados.
2º.- Que dende a FEGAMP e a Xunta de Galicia, se continúe instando aos concellos e adherirse o sistema centralizado.
3º.- Regular procesos de designación transparente tanto dos membros dos tribunais como do profesorado encargado do curso na AGASP."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina