saltar ao contido

Proposición non de lei aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de marzo de 2022

5.4 30850 (11/PNP-002668)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para manter as medidas de apoio económico dirixidas ás persoas traballadoras autónomas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1º- Manter e ampliar as medidas de apoio e estímulo económico dirixidas ás persoas traballadoras autónomas, que contribúan á viabilidade e consolidación dos seus proxectos e actividade económica.
 
2º- Dirixirse ao Goberno de España para que:
 
a) Paralice a reforma do sistema de cotizacións dos autónomos, como mínimo, ata que a situación económica se estabilice.
 
b) Garanta que calquera reforma do sistema de cotizacións do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) deba realizarse:
 
• Por consenso, con grupos políticos e representantes dos colectivos de autónomos.
 
• Acompañada de medidas adicionais tendentes a igualar dereitos,
garantías e seguridade co resto de persoas traballadoras por conta allea, tales como: ampliación do cesamento de actividade, adecuación de cotizacións a situacións como a vivida pola covid-19 (a ingresos 0, cota 0), nova redución da tarifa plana e ampliación da mesma para os supostos de incorporación tras maternidade e paternidade, medidas de conciliación, etc.
 
c) Emprenda un modelo de reformas que beneficien aos autónomos en materia fiscal, de impulso e simplificación administrativa, como o que levou a cabo a Comunidade Autónoma de Galicia, que deu bos resultados.
 
d) Adopte medidas efectivas que abaraten os custos impositivos relacionados cos prezos da enerxía e dos carburantes, como factores decisivos na competitividade da economía do colectivo de autónomos”.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina