A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de febreiro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de febreiro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Comparecencias
1.1 30544 (11/CPP-000077)
Da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a petición propia, para informar do desenvolvemento do Plan de Transportes de Galicia
Acumúlase na anterior a seguinte:
1.2 30533 (11/CPP-000076)
Da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, por petición das 19 deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para dar explicacións polos incumprimentos en contratos no servizo de transporte público de Galicia, así como para informar dos traballos de inspección e control deles
Punto 2. Mocións
2.1 30379 (11/MOC-000082)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre a política eólica da Xunta de Galicia (Moción a consecuencia da interpelación doc. núm 28627, publicada no BOPG núm. 265, do 27 de xaneiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 8 de febreiro de 2022)
2.2 30452 (11/MOC-000083)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre a política do Goberno galego respecto da execución dos fondos de achega estatal do IV Plan de rescate (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 28362, publicada no BOPG núm. 265, do 27 de xaneiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 8 de febrero de 2022)
2.3 30464 (11/MOC-000084)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións do Goberno galego en relación coa implantación da fábrica de fibras téxtiles da multinacional lusa Altri na comarca da Mariña lucense (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 27317, publicada no BOPG núm. 259, do 19 de xaneiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 8 de febrero de 2022)
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 12465 (11/PNP-001230)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun protocolo que evite a exclusión financeira da cidadanía galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 17.03.2021
3.2 25350 (11/PNP-002291)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa atención da saúde mental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 01.12.2021
3.3 28567 (11/PNP-002503)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto do informe de avaliación do Plan RehaVita, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
3.4 29609 (11/PNP-002550)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 8 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que os fondos estatais que non puideron ser executados ao abeiro do 3º e 4º plans de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da covid-19 poidan ser destinados a un novo plan de apoio para o ano 2022
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
3.5 29638 (11/PNP-002553)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que deben realizar o Parlamento de Galicia e o Goberno galego en relación coa investigación sobre abusos sexuais a menores na Igrexa católica e apoio ás vítimas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
3.6 30022 (11/PNP-002587)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 15 máis
Sobre a reiteración por parte da Xunta de Galicia ante o Goberno de España da necesidade dun estudo que sirva de base para a elaboración dun plan estatal contra a exclusión financeira
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
Punto 4. Interpelacións
4.1 25300 (11/INT-001325)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do uso problemático da internet e das redes sociais por menores e adolescentes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 01.12.2021
4.2 28312 (11/INT-001428)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 3 máis
Sobre a política ambiental do Goberno galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265, do 27.01.2022
4.3 28965 (11/INT-001445)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego respecto da atención presencial na banca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 270, do 03.02.2022
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
5.1 30529 (11/POPX-000057)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as liñas estratéxicas do Goberno para o desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia
5.2 30531 (11/POPX-000058)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as previsións do Goberno respecto da continuación co actual modelo privatizado de residencias para persoas maiores
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 28975 (11/POP-004287)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Suárez Sarmiento, María Elena e 7 máis
Sobre o proxecto que ten previsto acometer o Goberno galego en Vilagarcía de Arousa para mellorar o saneamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 270, do 03.02.2022
6.2 29952 (11/POP-004479)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do futuro da concesión da central hidroeléctrica Ponte do Inferno, no río Verdugo
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
6.3 30501 (11/PUP-000234)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 7 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia do Bono Alugueiro Mozo aprobado polo Real decreto 42/2022
6.4 30522 (11/PUP-000235)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
Sobre a solicitude á Valedora do pobo dun informe respecto de posibles casos de abusos a menores por parte de persoas vinculadas a centros educativos da Igrexa Católica
6.5 29390 (11/POP-004411)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 3 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da creación de emprego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
6.6 26559 (11/POP-003724)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre os novos programas que puxo en marcha a Xunta de Galicia en 2021 en desenvolvemento do Plan de saúde mental de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
6.7 29130 (11/POP-004323)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto das medidas necesarias para mellorar a capacidade asistencial do centro de saúde e do PAC do concello da Guarda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 270, do 03.02.2022
6.8 29801 (11/POP-004464)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as denuncias presentadas por varias mulleres por abuso sexual por parte dun médico cando acudiron á súa consulta
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
6.9 30538 (11/PUP-000237)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para evitar a saturación das urxencias hospitalarias de Ourense
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente