saltar ao contido

Acordos da sesión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 15 de febreiro de 2022

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 15 de febreiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 28210 (11/PNC-002571)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da dotación orzamentaria para o centro Intecmar
BOPG n.º 264, do 26.01.2022

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a aumentar a dotación orzamentaria para elevar o volume de persoal investigador no centro Intecmar durante o ano 2022, co compromiso de facelo mediante contratación estable que manteña estas contratacións nos seguintes anos."

- 28507 (11/PNC-002594)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que tome unha decisión co fin de definir e determinar as cotas de comercialización do marraxo para 2022
BOPG n.º 264, do 26.01.2022

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixir ao Goberno de España a que tome de inmediato una decisión para definir e determinar os cupos de comercialización do marraxo para 2022 e non xerar así un agravio comparativo para a nosa frota respecto doutros países, así como que estenda esta medida con carácter retroactivo para permitir comercializar as capturas efectuadas en 2020 e 2021 nas mesmas circunstancias que os restantes Estados membros da Unión Europea."

- 28509 (11/PNC-002595)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que inicie o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar e os adapte ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola
BOPG n.º 264, do 26.01.2022

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para instalo a iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-Pesqueira, marisqueira e acuícola."

- 29923 (11/PNC-002676)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno do Estado da comunicación das cotas CITES para 2022 ao sector pesqueiro do marraxo
BOPG n.º 274, do 09.02.2022

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta o goberno da Xunta de Galicia a demandar do Estado español a:
1. Comunicar de inmediato os cupos CITES para 2022 ao sector pesqueiro afectado.
2. Confirmar por escrito ao sector que existe coordinación entre o Ministerio de Pesca e o de Transición Ecolóxica, que debe ser recoñecida expresamente por ambas as dúas partes, na xestión dos cupos e uso dos certificados.
3. Despexar definitivamente se as cantidades de marraxo capturado legalmente no ano 2021 en proceso de estar en depósito aduaneiro, así como as que xa o están, e que continúan pendentes de certificación, poderán facelo con cargo aos cupos de 2022."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina