3.3 12938 (11/PNP-001274)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa industria electrointensiva
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 24.03.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España en favor da industria electrointensiva:
1) Que se apliquen a contía máxima das compensacións por costes indirectos de CO2,que permite a CE.
2) Que se estableza un sistema de poxas de interrompebilidade, recollendo a figura do consumidor hiperelectrointensivo, como fan outros países europeos.
3) Que se eximan as peaxes de transporte.
4) A exención, en lugar da compensación do 85% dos cargos de renovables e coxeneración.
5) Que se reduza a fiscalidade cunha exención do imposto de xeración eléctrica sobre as electrointensivas”.
3.6 28529 (11/PNP-002497)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Feijóo, Alberto e 41 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para dar prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles en España e reiterar ao Goberno de España a necesidade de establecer liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1) Dar prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles de España por ser unha gran aposta, tanto dende o punto de vista económico e laboral, como dende o punto de vista estratéxico, xa que permitiría pechar o ciclo de produción de madeira en Galicia, así como que se propicie o seu emprazamento preferentemente na Comarca da Mariña e, se criterios técnicos non garanten a viabilidade neste emprazamento, en todo caso na provincia de Lugo, a través da súa representación na Sociedade Impulsa.
2) Reiterar ao Goberno de España a necesidade de establecer liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation para o desenvolvemento deste proxecto coa maior celeridade posible”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.