saltar ao contido

Santalices: “Castelao é un dos símbolos imperecedoiros de Galicia por riba das diferenzas”

 

• O presidente do Parlamento de Galicia participou en Bonaval nunha ofrenda floral organizada para conmemorar o aniversario do nacemento de Castelao 

Santiago, 30 de xaneiro de 2022.- “Hoxe, Castelao é un dos símbolos imperecedoiros de Galicia, que emerxe por riba das pequenas e lexítimas diferenzas que uns e outros podamos ter”. Son palabras do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, nunha ofrenda floral organizada polo Partido Galeguista en Bonaval (Santiago de Compostela) para conmemorar o aniversario de Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950).
 
Subliñou Santalices que a Galicia actual, “democrática e autonómica, dotada das súas propias institucións de autogoberno e, polo tanto, dona do seu futuro, está en débeda con Castelao”.
 
Recordou que veñen de conmemorarse os 40 anos da autonomía de Galicia, “autonomía histórica  derivada do Estatuto do 36, “que non tería sido posible sen o impulso de persoeiros como Castelao e os galeguistas históricos”. “Galicia non sería o que é hoxe sen a achega de Castelao e de tantos outros que pagaron un elevado prezo por elo”, aseverou.
 
O titular do Lexislativo galego recordou que a Medalla do Parlamento de Galicia de 2021 foi concedida á Xeración Nós, da que Castelao formou parte. “Hoxe, como daquela –afirmou Santalices-, rendemos tributo á súa memoria,  ao exemplo de integridade, coherencia e fidelidade a Galicia que nos legou para sempre”.

Saúdos, Gabinete de comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina