saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 21 de xaneiro de 2022


A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 21 de xaneiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 24129 (11/PNC-002257)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 2 máis
Sobre a protección da propiedade colectiva das comunidades de montes veciñais en man común no dominio marítimo-terrestre
BOPG n.º 220, do 03.11.2021
 
Sométese a votación por puntos co resultado seguinte:
Puntos 1 e 2: aprobado por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
Punto 3: rexeitado por 3 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Promover con urxencia medidas de apoio e asesoramento ás Comunidades de Montes en Man Común de Galicia afectadas polas notificacións de Catastro referidas á titularidade dos montes en dominio marítimo-terrestre.

2. Demandar do Goberno de España que inicie os trámites precisos para proceder a reformar o artigo 9 da Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas, para que as titularidades de carácter comunitario como son os montes veciñais en man común poidan existir legalmente dentro da zona de dominio público marítimo-terrestre e do deslinde de costas, sometidas en todo caso aos límites de uso e autorizacións que se consideren necesarias.
 
- 25932 (11/PNC-002437)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Armada Pérez, José Antonio e 6 máis
Sobre a solicitude por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España da inclusión na absorción de contabilización de créditos de carbono dos proxectos que xestionen masas forestais de forma sustentable
BOPG n.º 239, do 10.12.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Que solicite ao Goberno de España que aposte por recoñecer e compensar as masas forestais xestionadas de forma sustentable permitindo aos seus propietarios que os créditos de carbono xerados polas absorcións lles aseguren ingresos complementarios, en compensación ao beneficio
que ofrece á sociedade.
 
2. Reclamar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que cumpra coa recomendación da Unión Europea e faga un cambio de criterio modificando o decreto que regula o "Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono" para primar como sumidoiros de carbono aqueles derivados dunha xestión forestal sostible."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina