saltar ao contido

O Pleno do Parlamento elixe tres conselleiros do Consello de Contas de Galicia

 
 

Santiago, 21 de decembro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu hoxe a tres membros electivos do Consello de Contas.
 
Trátase de Anxo Ramón Calvo Silvosa, proposto polo Bloque Nacionalista Galego; e de José Antonio Redondo López e Tomás Pérez Vidal, propostos polo Grupo Parlamentario Popular de Galicia.
 
Estas tres persoas compareceron o pasado 2 de decembro na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, para examinar a súa idoneidade para o cargo.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina