saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria orzamentaria prevista para o 21 de decembro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de decembro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de decembro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto único. Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 (doc. núm. 23846, 11/PL-000011)
 

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina