saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 9 de decembro de 2021


 
3.3 25518 (11/MOC-000072)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís
Sobre a situación económica do sector lácteo (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 24211, publicada no BOPG núm. 229, do 18 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 23 de novembro de 2021)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Velar, no marco das súas competencias, por que nos novos contratos a asinar entre produtores e industria transformadora, nos prezos acordados se incorporen as subas con referencia ao IPC galego dos alimentos para o gando, combustibles, electricidade, abonos de síntese..., e demais factores que inciden nos custes de produción; e que se faga con esta referencia unha actualización de prezo para o cumprimento do establecido na letra c) do apartado 1 do artigo 9 da Lei da cadea alimentaria. 

2.- Demandar do goberno do Estado que, no  desenvolvemento da Lei da cadea alimentaria, se dote aos sectores produtivos dunha ferramenta pública, obxectiva que fixe uns custes de produción de referencia vinculantes e obrigatorios; ou que no seu caso se permita utilizar para a súa determinación fontes do Ministerio de Agricultura (o ECRAE, Estudio de Costes y Rentas de las Explotaciones ou o RENGRATI, Red Nacional de Granjas Típicas, a chamada conta láctea), os estudos publicados polos diferentes observatorios da Comunidade Autónoma ou os realizados pola universidade ou organismos públicos”
 
Saúdos, Gabinete de comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina