saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 2 de decembro de 2021

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 2 de decembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 24779 (11/PNC-002314)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 8 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para seguir liderando o proceso de defensa da designación patrimonial do topónimo "Ría de Ribadeo"
BOPG n.º 228, do 17.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir liderando o proceso de defensa da designación patrimonial do topónimo "Ría de Ribadeo" e presentar recurso contra a Resolución do 29 de outubro de 2021 do Instituto Xeográfico Nacional pola que se establecen as denominacións oficiais da ría na que desemboca o río Eo, o que contradí o principio da ONU do 'topónimo único', que é de obrigado cumprimento para España"
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina