4.4 24276 (11/PNP-002180)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a necesidade de abrir un centro residencial para a atención de menores en situación de dificultade social e con problemas de conduta
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que adopte as medidas necesarias para a apertura dun centro residencial que cubra as necesidades de atención que requiren os menores en situacións de dificultade social e con problemas de conduta”.
4.5 24322 (11/PNP-002186)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia no sector do comercio interior
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“ O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
- Fomentar a orientación, información e asesoramento ó sector comercial galego, así como a formación continúa en dixitalización do sector do comercio.
- Elaborar campañas e promocións para que a xente moza merque no pequeno e mediano comercio.
- Elaborar un programa para fomentar o relevo xeracional no sector do comercio”.
4.6 24337 (11/PNP-002188)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co sector lácteo
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Que traslade ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación:
a) A exixencia de que se habiliten mecanismos que garantan o cumprimento da disposición contida no artigo 12 ter da Lei da Cadea alimentaria, actualmente en tramitación, para acadar o obxectivo de que todos os elos da cadea de valor láctea cobren polo seu produto un prezo que cubra, alo menos, os seus custos de produción. E que esta exixencia se contemple de xeito particular no caso dos gandeiros, por ser o elo máis feble da cadea.
b) O cumprimento da solicitude realizada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para que no texto final da Lei da cadea alimentaria se recollan as medidas ou modificacións que sexan necesarias para o recoñecemento dos resultados económicos da CONTA LÁCTEA ou outras aplicacións oficiais, como forma de acreditación do custo efectivo de produción.
c) A levar a cabo as modificacións na lexislación estatal
demandadas pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para facilitar a constitución de organizacións de produtores lácteos axeitadas ao tamaño das explotacións galegas como mecanismo para o fortalecemento da capacidade de negociación dos nosos gandeiros.
2.- Impulsar, coa cooperación de todas as administracións públicas, unha campaña de concienciación dirixida ao consumidor final sobre o papel esencial do sector primario no aprovisionamento de alimentos de calidade, en particular, o papel dos gandeiros e dos produtos lácteos.
3.- Reforzar a promoción dos produtos lácteos galegos
incidindo en aspectos como a seguridade alimentaria, o benestar animal das nosas explotacións e a diversificación da súa produción, coa implantación de marcas de garantía como Galega 100% e Leite de pastoreo de Galicia.
4.- Apoiar a demanda de base territorial dos nosos gandeiros como mecanismo de redución dos custos de alimentación dándolle prioridade na licitación de polígonos agrogandeiros de carácter público.
5.- Axilizar a tramitación para a constitución do Observatorio Lácteo Galego previsto na Estratexia do sector lácteo, como instrumento que permita acadar unha mellor estrutura sectorial para analizar e avanzar nas cuestións que afectan a este eido produtivo, de xeito particular a mellora da interlocución e a transparencia entre os diferentes elos da cadea.”
Saúdos, Gabinete de Comunicación.