A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 5 de novembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 17901 (11/PNC-001828)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que sexa recoñecida a totalidade da superficie de pastos arbustivos e baixo arboredo para efectos da política agraria común
BOPG n.º 169, do 13.07.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de galego insta a Xunta de Galicia a centrar os seus esforzos negociadores con tódalas institucións precisas para que sexa recoñecida a totalidade da superficie que realmente teña actividade gandeira como admisible, mellorando o CAP no caso dos pastos arbustivos e baixo arboredo, de modo que Galicia non siga a ser prexudicada pola falta de recoñecemento das súas singularidades a efectos do PAC."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 21526 (11/PNC-002035)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre as actuacións que debe efectuar a Xunta de Galicia para promover a difusión e o coñecemento do Banco de Explotacións Agrarias entre as súas posibles persoas beneficiarias
BOPG n.º 202, do 22.09.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover a difusión e coñecemento do Banco de Explotacións Agrarias entre os seus posibles beneficios."