saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 3 de novembro de 2021

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 3 de novembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 21884 (11/PNC-002077)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
Sobre a posta en marcha pola Xunta de Galicia dunha campaña informativa e dun sistema de orientación e mediación en relación coas tarxetas Revolving
BOPG n.º 202, do 22.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1º. Poñer en marcha unha campaña informativa sobre o contido e xeito de contratación das tarxetas revolving, así como un sistema de orientación e de mediación a fin de que as persoas prexudicadas poidan obter a devolución das cantidades ilegalmente satisfeitas.
 
2º. Continuar promovendo a través do Instituto Galego de Consumo accións dirixidas a poñer en coñecemento da Fiscalía co fin de impulsar procedementos tendentes a cesación das cláusulas abusivas nos contratos financeiros.”

- 23141 (11/PNC-002176)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a organización dunha homenaxe ás vítimas do fascismo franquista e a celebración do Día da Galicia Mártir
BOPG n.º 210, do 06.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego acorda como resolución organizar unha homenaxe ás vítimas galegas do franquismo, contando coa participación das asociacións de memoria histórica e as vítimas.
 
Ademais, o Parlamento de Galicia acorda organizar un acto de homenaxe á figura de Alexandre Bóveda, en recoñecemento a súa esencial participación no impulso e na elaboración do Estatuto de 1936, e aos valores de compromiso na defensa de Galicia, concordia e perdón expresados por Alexandre Bóveda.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina