saltar ao contido

Acordo da Comisión 7ª., Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 22 de outubro de 2021

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 22 de outubro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 21524 (11/PNC-002034)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre as actuacións que debe efectuar a Xunta de Galicia para promover a contratación colectiva de seguros agrarios na viña a través das denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas de Galicia
BOPG n.º 202, do 22.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12
deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover a contratación colectiva de seguros agrarios na viña a través da Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia e a que se intensifique o control do cumprimento dos requirimentos contidos na lei da cadea alimentaria en relación coa esixencia de contratos escritos do sector vitivinícola”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina