A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 21 de outubro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 15833 (11/PNC-001586)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para exixir ao Goberno de España una reforma lexislativa sobre a ocupación de vivendas
BOPG n.º 138, do 12.05.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 4 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a, tomando como base os informes de xuristas, remita un informe xurídico ao Goberno de España para esixir que se efectúe a necesaria reforma lexislativa que axude a poñer freo ao fenómeno da ocupación de vivendas”".
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 21054 (11/PNC-001999)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 7 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España do restablecemento de todos os servizos e frecuencias que ofrecía o transporte ferroviario antes da crise da covid-19
BOPG n.º 198, do 15.09.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11
deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España:
1. O restablecemento dos trens hotel entre Galicia e Madrid e Barcelona.
2. A restitución de todos os traxectos e frecuencias dos trens rexionais existentes antes da crise sanitaria provocada pola covid-19.
3. A restitución de todos os traxectos e frecuencias dos trens de longa distancia que conectan Galicia co resto de España e Portugal existentes antes da crise sanitaria provocada pola covid-19.
4. Que fagan parada todos os trens de longa distancia que pasen pola estación de Vilagarcía con destino ou orixe en Madrid.
5. A rebaixa do prezo do tren Avant que comunica Ourense con Santiago e Coruña para homologalo con outras liñas do resto de Galicia.
6. Unha aposta decidida pola potenciación do ferrocarril como modo de mobilidade sustentable tanto para persoas como para mercadorías, a mellora e modernización das infraestruturas tanto internas como de conexión co exterior, e o incremento de servizos, sobre todo mediante a implantación do tren de proximidade onde sexa posible e as conseguintes vantaxes en canto a frecuencia, horarios e presos."