A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión plenaria específica, o próximo día 26 de outubro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 20 de outubro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único: Designación de senador ou senadora representante da Comunidade Autónoma de Galicia en substitución de D. Jesús Vázquez Abad (Art. 165.4 do Regulamento do Parlamento de Galicia)
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021
--------------
A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 26 de outubro de 2021, ao remate da sesión plenaria específica prevista nesa mesma data, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 20 de outubro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Mocións
1.1 23176 (11/MOC-000061)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a defensa dos ecosistemas fluviais de Galicia (Moción a consecuencia da Interpelación nº 21329, publicada no BOPG nº 199, do 16.9.2021, e debatida na sesión plenaria do 28.9.2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 210, do 06.10.2021
1.2 23242 (11/MOC-000062)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de xestión do patrimonio cultural galego (Moción a consecuencia da Interpelación nº 21014, publicada no BOPG nº 199, do 16.09.2021, e debatida na sesión plenaria do 28.09.2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 210, do 06.10.2021
1.3 23252 (11/MOC-000063)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa vivenda protexida (Moción a consecuencia da Interpelación nº 11740, publicada no BOPG nº 105, do 03.03.2021, e debatida na sesión plenaria do 28.09.2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 210, do 06.10.2021
Punto 2. Proposicións non de lei
2.1 17027 (11/PNP-001663)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España dunha defensa, ante a Unión Europea e a Organización Mundial do Comercio, para frear a proposta de prohibir determinadas subvencións á pesca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
2.2 22515 (11/PNP-002040)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para garantir o dereito ao aborto no Sistema público de saúde
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
2.3 22845 (11/PNP-002065)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre o procedemento aberto pola Comisión Europea a España por irregularidades na ampliación da concesión da AP-9
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
2.4 22990 (11/PNP-002077)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para a reversión ao sistema público da titularidade e xestión do servizo de transporte sanitario terrestre e a mellora das condicións do seu persoal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 210, do 06.10.2021
2.5 23379 (11/PNP-002111)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reforzar o Servizo Público de Emprego e impulsar políticas activas de emprego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 213, do 15.10.2021
2.6 23387 (11/PNP-002112)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co Expediente de Regulación de Emprego da fábrica de Vestas en Viveiro e coa transición enerxética
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 213, do 15.10.2021
Punto 3. Interpelacións
3.1 22101 (11/INT-001176)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de xestión do ciclo da auga
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 202, do 22.09.2021
3.2 22563 (11/INT-001198)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co sector cultural galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
3.3 23463 (11/INT-001237)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre a política do Goberno galego respecto da transparencia informativa da situación sanitaria dos centros de atención residencial para persoas maiores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 213, do 15.10.2021
Punto 4. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
4.1 23842 (11/POPX-000043)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a rectificación das políticas de axuste aplicadas dende a anterior crise para impulsar a reactivación de Galicia
4.2 23843 (11/POPX-000044)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a proposta da Xunta para que Galicia teña un financiamento xusto
Punto 5. Preguntas ao Goberno
5.1 23841 (11/PUP-000211)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana
Sobre a condena por parte do Goberno galego das manifestacións machistas do alcalde de Vilanova de Arousa dirixidas á presidenta da Deputación de Pontevedra
5.2 23173 (11/POP-003364)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e 3 máis
Sobre as medidas para previr as verteduras nos ríos Asneiro e Deza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 210, do 06.10.2021
5.3 23820 (11/PUP-000209)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para o 2022 no que atinxe ás partidas destinadas a infraestruturas viarias e ferroviarias en Galicia
5.4 22483 (11/POP-003300)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 4 máis
Sobre a cobertura da praza da traballadora social no Centro de Educación Especial Saladino Cortizo, en Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
5.5 22300 (11/POP-003284)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 3 máis
Sobre a folga dos traballadores da empresa Imerys Kiln Furniture, na Guarda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
5.6 23148 (11/POP-003358)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre a situación da fábrica de Alu Ibérica na Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 210, do 06.10.2021
5.7 23831 (11/PUP-000210)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as medidas para reactivar as terapias destinadas ás crianzas con diversidade funcional do centro San Rafael de Vigo
5.8 19543 (11/POP-002741)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre as previsións do impacto que terá a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia en cada un dos eixes sobre os que actúa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 180, do 04.08.2021
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente