saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 8 de outubro de 2021

 
A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 8 de outubro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións
 
- 20717 (11/PNC-001968)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre as xestións do Goberno galego ante o Ministerio de Educación e Formación Profesional para axilizar a concreción dos novos currículos educativos e poder adaptalos ás particularidades do ensino galego
BOPG n.º 196, do 08.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que solicite ao Ministerio de Educación axilidade na concreción dos novos currículos derivados da aplicación da LOMLOE como paso previo a poder acometer a súa adaptación ás particularidades do ensino galego e, entre outras cuestión, facilitar que a Consellería poida ofrecer ao profesorado galego un conxunto de instrumentos e ferramentas informáticas, que permitan a elaboración das programacións didácticas acorde co modelo curricular vixente."
 
- 21052 (11/PNC-001998)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da posta en marcha dunha programación cultural que celebre a figura de Laxeiro coincidindo co Día das Artes Galegas 2022
BOPG n.º 198, do 15.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia recoñece a relevancia de Laxeiro no eido das artes plásticas de Galicia e manifesta a importancia de que a Xunta de Galicia coordine a posta en marcha dunha programación cultural que celebre a figura de Laxeiro coincidindo co Día das Artes Galegas 2022."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 13566 (11/PNC-001370)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa problemática derivada da falta de delimitación do trazado do Camiño de Inverno
BOPG n.º 119, do 05.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
-Incoar o procedemento de delimitación do trazado do Camiño de Inverno en virtude do artigo 76 da Lei 5/2016 do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia, dando prioridade ás rutas principais que foron recoñecidas previamente.
 
- Promover a modificación do Plan Básico Autonómico corrixindo o trazado do Camiño de Inverno aló onde xurdan discordancias co trazado entre o trazado inicialmente previsto e o definido na delimitación definitiva do mesmo."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina