saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 6 de outubro de 2021


A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 6 de outubro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 20639 (11/PNC-001958)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 8 máis
Sobre as xestións que a Xunta de Galicia debe realizar ante o Goberno de España para solicitar á Comisión Europea a retirada da proposta de redución da área xeográfica beneficiaria incluída no espazo de cooperación do programa POCTEP 21-27
BOPG n.º 196, do 08.09.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
 
a) A solicitar do goberno de España que se dirixa á Comisión Europea manifestando o rexeitamento e solicitando a retirada da proposta de redución da área xeográfica beneficiaria incluída no espazo de cooperación do Programa POCTEP 21-27.
 
b) A demandar diante do goberno do Estado e da Comisión Europea a creación dun fondo extraordinario dotado cos orzamentos sobrantes das convocatorias do POCTEP 2014-2020. O obxectivo central deste fondo será compensar os territorios máis directamente afectados polos feches da frontera como consecuencia da emerxencia sanitaria da COVID 19, que en Galiza tivo un grande impacto polo maior fluxo e integración das áreas fronteirizas.
 
c) A defender que todo territorio galego poida ser beneficiario do programa POCTEP 21-27 e que se primen os proxectos que teñan una incidencia positiva no territorio e nas relacións transfronteirizas."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina