saltar ao contido

Santalices agradece o “inxente labor” das forzas e corpos de seguridade durante a pandemia

 
• O presidente do Parlamento de Galicia participou en Santiago nos actos institucionais organizados co gallo do Día da Policía

Santiago, 4 de outubro de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou este luns nos actos organizados en Santiago de Compostela co gallo do Día da Policía, onde agradeceu o “inxente labor” desenvolvido por todas e todos os integrantes das forzas e corpos de seguridade durante a pandemia da covid-19.
 
“Durante este tempos de tremenda dificultade, todos os profesionais amosaron –agregou- un compromiso absoluto que fai que as galegas e galegos vos admiremos polo voso traballo e capacidade de entrega”.
 
O titular do Lexislativo galego aproveitou a súa intervención para felicitar ás persoas que foron condecoradas no acto institucional celebrado no Auditorio de Galicia.
 
“Nun momento no que semella que o individualismo estende os seus tentáculos máis aló do desexable, a traxectoria das persoas hoxe condecoradas, ao igual que o exemplo de todas  e todos os axentes da Policía, e das restantes forzas e corpos de seguridade, constitúe unha testemuña gratificante e edificante para a totalidade da cidadanía”, afirmou Santalices Vieira.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina