saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 28 de setembro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 28 de setembro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 21 de setembro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto Lexislativo
 
 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa popular, pola consolidación de emprego para a adquisición de fixeza das empregadas e empregados públicos en fraude de lei do Sector Público Galego (doc. núm. 11611, 11/PPLI-000001)
Publicación do coñecemento das sinaturas e admisión a trámite, BOPG n.º 176, do 29.07.2021
 
Punto 2. Solicitude de creación dunha Comisión de Investigación
 
 Proposta polas 19 deputadas e deputados do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, para analizar as causas, consecuencias e responsabilidades do abrupto baleirado de encoros no ano 2021, así como as medidas a impulsar para a súa compensación e non repetición (doc. núm. 21213, 11/SCI-000006)
 Publicación da solicitude de creación, BOPG n.º 198, do 15.09.2021
 
Punto 3. Comparecencia
 
 21100 (11/CPP-000063)
Do Conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar da negociación feita pola Xunta de Galicia de cara á futura política agraria común 2023-2027
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 196, do 08.09.2021
 
Punto 4. Mocións
 

4.1 22028 (11/MOC-000058)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Iglesias, María do Carme
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sector naval de Vigo (Moción a consecuencia da Interpelación nº 12730, publicada no "BOPG" nº 112, do 17.3.2021, e debatida na sesión plenaria do 14.9.2021)
 
4.2 22066 (11/MOC-000059)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de atención primaria (Moción a consecuencia da Interpelación nº 20679, publicada no "BOPG" nº 193, do 31.8.2021, e debatida na sesión plenaria do 14.9.2021)
 
4.3 22073 (11/MOC-000060)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre a política do Goberno galego en materia de presencialidade na atención primaria (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 16688, publicada no "BOPG" núm. 152, do 9.6.2021, e debatida na sesión plenaria do 14.9.2021)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 

5.1 16619 (11/PNP-001620)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para garantir a socialización e o retorno económico dos beneficios xerados pola produción enerxética en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147, do 02.06.2021
 
5.2 20105 (11/PNP-001835)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da actualización do Pacto local galego no seo da Comisión Galega de Cooperación Local
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 25.08.2021
 
5.3 20129 (11/PNP-001838)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para iniciar o proceso de reversión ao publico das residencias de maiores de titularidade pública e xestión privada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 25.08.2021
 
5.4 20651 (11/PNP-001878)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un plan galego intersectorial de prevención do suicidio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 196, do 08.09.2021
 
5.5 21094 (11/PNP-001922)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 6 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España da elaboración dun estudo da situación do mercado financeiro desde o punto de vista da concentración bancaria e a posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 198, do 15.09.2021
 
5.6 21288 (11/PNP-001939)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 9 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España do establecemento de bonificacións nas peaxes da autoestrada estatal AP-53
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 198, do 15.09.2021
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 11740 (11/INT-000672)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a política do Goberno galego en relación coa mellora do acceso á vivenda
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 03.03.2021
 
6.2 21014 (11/INT-001140)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a política do Goberno galego en materia de xestión do patrimonio cultural galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 16.09.2021
 
6.3 21329 (11/INT-001151)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e 2 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa xestión dos encoros
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 16.09.2021
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
7.1 22242 (11/POPX-000041)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a estratexia para a consecución de fondos Next Generation para a reactivación de Galicia
 
7.2 22243 (11/POPX-000042)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas para defender os intereses de Galicia ante o Goberno do Estado
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 20637 (11/POP-003134)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Verea Fraiz, Borja e 6 máis
Sobre o balance que fai o Goberno galego das axudas que se destinaron dende a Xunta de Galicia ás axencias de viaxe e aos turoperadores para facer fronte á situación da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 196, do 08.09.2021
 
8.2 19114 (11/POP-002616)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre a procura por parte da Xunta de Galicia dunha nova localización para a empresa Ence
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 183, do 09.08.2021
 
8.3 22211 (11/PUP-000208)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
 Sobre o peche da factoría de Vestas en Chavín, no concello de Viveiro
 
8.4 18109 (11/POP-002306)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, Xosé Luís e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego respecto das verteduras contaminantes que se producen no regato de Piñor, que verte as súas augas no río Furelos, en Melide
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 173, do 26.07.2021
 
8.5 20746 (11/POP-003151)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
Sobre as medidas que o Goberno galego prevé adoptar para evitar que a canteira da Casalonga, no concello de Teo, se converta nun vertedoiro de residuos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 196, do 08.09.2021
 
8.6 18798 (11/POP-002567)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as razóns polas que o Servizo Galego de Saúde non aboa os salarios do persoal de enfermería conforme os períodos considerados de alta e cotización pola Inspección de Traballo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 183, do 09.08.2021
 
8.7 19522 (11/POP-002729)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María e 6 máis
Sobre os avances respecto do desenvolvemento das unidades poscovid na sanidade pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 180, do 04.08.2021 
  
8.8 22096 (11/PUP-000206)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Suárez Sarmiento, María Elena e 6 máis
Sobre as actuacións asistencias e infraestruturais levadas a cabo no Hospital do Salnés
 
8.9 22198 (11/PUP-000207)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
Sobre a contratación por parte do 061 de ambulancias que non cumpren os requisitos técnicos
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021

 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina