A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 16 de setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 17846 (11/PNC-001825)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre a situación da mina As Viñas, na parroquia da Toca, no concello das Somozas
BOPG n.º 169, do 13.07.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a adoptar as medidas que sexan precisas na explotación mineira coñecida como As Viñas e no seu caso a paralización situada na parroquia de Recemel no concello das Somozas, para garantir efectivamente a seguridade das persoas, dos regatos e ríos da contorna, así como das vivendas, e da circulación viaria."