A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 9 de setembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 12163 (11/PNC-001243)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis
Sobre o requirimento do Goberno galego ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para o arranxo integral das estradas da súa competencia na provincia de Lugo e en Galicia, nomeadamente a N-540, que comunica Lugo con Ourense
BOPG n.º 108, do 10.03.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstención.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a requirirlle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia e na provincia de Lugo, nomeadamente na N-540, que comunica Lugo e Ourense."
Aprobación con modificacións
- 17412 (11/PNC-001780)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a solicitude polo Goberno galego ao Goberno español respecto da parada en Vilagarcía do Alvia Vigo-Madrid e da mellora de conexións e recuperación de frecuencias
BOPG n.º 158, do 23.06.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstención.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a dirixirse ao Goberno español en demanda de:
1. Modificar a súa decisión e dar as instrucións precisas para que Renfe rectifique e no inmediato inclúa a parada de Vilagarcía neste segundo tren Alvia que une Vigo e Madrid e que progresivamente todos os trens de longo percorrido que comuniquen as cidades de Vigo e Pontevedra con Madrid, tanto no traxecto de ida como o de volta, paren en Vilagarcía.
2. Mellorar as conexión e recuperar todas as frecuencias suspendidas durante a pandemia pola COVI 19, debido á redución de mobilidade que aínda non foron repostas."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 17611 (11/PNC-001803)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para converter en autovía o corredor Nadela-Monforte de Lemos
BOPG n.º 162, do 29.06.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que execute, no menor prazo de tempo posible, o desdobramento total do corredor Nadela-Monforte de Lemos para convertelo en autovía."