saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 14 de setembro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 14 de setembro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 7 de setembro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto Lexislativo
 
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, para garantir que o papel de Galicia como produtora de enerxía eléctrica reverta no seu desenvolvemento social económico (doc. núm. 17257, 11/PPLC-000003)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 20568 (11/CPP-000061)
 Do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, por petición propia, para informar do inicio do curso 2021-2022 no ensino non universitario de Galicia e as actuacións ante a covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193, do 31.08.2021
 
Acumúlase na anterior a seguinte:
2.2 21061 (11/CPP-000062)
 Do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, por petición das 19 deputadas e deputados do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para explicar os recortes na educación pública e a situación do profesorado no inicio do curso escolar 2021-2022
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 18710 (11/MOC-000055)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre a política do Goberno galego respecto das candidaturas do patrimonio que opten a recoñecementos internacionais (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 17114, publicada no BOPG núm. 168, do 9.07.2021, e debatida na sesión plenaria do 13.07.2021)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 173, do 26.07.2021
 
3.2 20839 (11/MOC-000056)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
 Sobre as xestións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación coa presentación da candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio da humanidade pola Unesco (Moción a consecuencia da Interpelación nº 16936, publicada no BOPG nº 155, do 16.06.2021, e debatida na sesión plenaria do 13.07.2021)
 
3.3 20851 (11/MOC-000057)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa reactivación ambiental e produtiva da ría de Pontevedra e a potenciación do sector forestal galego (Moción a consecuencia da Interpelación nº 14795, publicada no BOPG nº 130, do 28.04.2021, e debatida na sesión plenaria do 13.07.2021)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 

4.1 13760 (11/PNP-001353)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a actuación que debe levar a cabo a Consellería de Política Social en relación co traballo e composición do Comité Asesor Sociosanitario, así como coa participación nel do resto das forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 123, do 13.04.2021
 
4.2 17946 (11/PNP-001762)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central dunha proba extraordinaria de acceso de médicos internos residentes e a habilitación dos centros de saúde e dos especialistas en medicina familiar e comunitaria para impartir a súa formación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 169, do 13.07.2021
 
4.3 20428 (11/PNP-001852)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
 Sobre as actuacións que debe facer a Xunta de Galicia ante o Goberno central para abaratar a factura eléctrica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193, do 31.08.2021
 
4.4 20449 (11/PNP-001856)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para evitar o pechamento de oficinas bancarias e garantir o dereito aos servizos básicos de carácter financeiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193, do 31.08.2021
 
4.5 20544 (11/PNP-001866)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para regular o sector bancario
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193, do 31.08.2021
 
4.6 20701 (11/PNP-001884)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre a proposta de nomes das salas do edificio do Parlamento de Galicia
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 193, do 31.08.2021
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 12730 (11/INT-000729)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co sector naval de Vigo.
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 112, do 17.03.2021
 
5.2 16688 (11/INT-000966)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a política do Goberno galego en materia de presencialidade na atención primaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
 
5.3 20679 (11/INT-001117)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de atención primaria
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 193, do 31.08.2021
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 

6.1 21097 (11/POPX-000039)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre as previsións para afrontar o inicio de curso político despois dos erros da Xunta neste verán
 
6.2 21099 (11/POPX-000040)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para reforzar a atención primaria
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 19586 (11/POP-002766)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto dos aloxamentos para peregrinos e peregrinas mentres os albergues continúen coa ocupación reducida
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 180, do 04.08.2021
 
7.2 18581 (11/POP-002497)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da paralización cautelar do parque eólico previsto no monte da Pena, entre os concellos de Outes e Negreira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 27.07.2021
 
7.3 20692 (11/POP-003140)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre as sancións ás empresas eléctricas que baleiraron os encoros galegos
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 194, do 01.09.2021
 
7.4 21064 (11/PUP-000199)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
 Sobre a notificación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil á Xunta de Galicia respecto da drástica baixada do nivel de caudal dos encoros
 
7.5 21077 (11/PUP-000201)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Seco García, Martín
 Sobre a postura do Goberno galego respecto da iniciación dun expediente sancionador en relación coa baixada de nivel dos encoros de Cenza e das Portas por debaixo do 20%
 
7.6 21070 (11/PUP-000200)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do recoñecemento do galego a nivel internacional
 
7.7 19973 (11/POP-003023)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
 Sobre o impacto que tivo a entrada en vigor da Lei de garantías de prestacións sanitarias nos tempos de espera do Servizo Galego de Saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 189, do 18.08.2021
 
7.8 20074 (11/POP-003045)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
 Sobre a valoración por parte da Xunta de Galicia da exixencia de solicitar o certificado de vacinación para acceder aos locais dedicados á hostalaría
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 25.08.2021
 
7.9 20457 (11/POP-003113)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
 Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia sobre a Campaña de verán 2021 destinada á xuventude no ámbito do lecer e tempo libre
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 194, do 01.09.2021
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2021
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina