saltar ao contido

Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 7 de setembro

 
A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 7 de setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 10824 (11/PNC-001108)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da encomenda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
BOPG n.º 100, do 23.02.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"1. O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado a encargar aos estaleiros de Navantia en Ferrol a construción dun BAM (Buque de Acción Marítima) para a Armada Española, que permita dotar de carga de traballo inmediata á ría de Ferrol, tanto para a plantilla principal como para a industria auxiliar.
 
2. O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande a todas as administracións públicas, especialmente ao Goberno central, a firma dun Pacto de Estado por Ferrol que de unha resposta conxunta aos problemas da comarca, protexa o emprego e o tecido industrial e garanta un futuro para Ferrol, Eume e Ortegal.
 
3. O Parlamento de Galicia reproba ao Goberno do Estado e a actual dirección de Navantia, pola sucesiva perda de grandes contratos internacionais durante os últimos 3 anos, así como polo fracaso á hora de atopar solucións para dotar de carga de traballo ao estaleiro da Ria de Ferrol.".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina