A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 7 de setembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 17026 (11/PNC-001731)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España dunha defensa, ante a Unión Europea e a Organización Mundial do Comercio, para frear a proposta de prohibir determinadas subvencións á pesca
BOPG n.º 155, do 16.06.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para demandar diante da UE e da OMC unha defensa pechada para frear a proposta e prohibir as subvencións á compra ou a cubrir os custos de combustible, cuxo obxectivo é a defensa da igualdade global da actividade marítimo-pesqueira e da competitividade e sustentabilidade da nosa frota”.