A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión extraordinaria o próximo día 3 de agosto de 2021, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 30 de xullo de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Debate e votación do límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, ao que se refire o artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 19786, 11/LGNF-000002).
Punto 2. Comparecencia do conselleiro de Sanidade para informar sobre as medidas para frear a quinta onda da covid-19, o colapso da Atención Primaria e dos Servizos de Urxencias, e o funcionamento do sistema de rastrexo de persoas positivas (doc. núm. 19105; 11/SCDP-000005).
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente