A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 30 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 12939 (11/PNC-001322)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos prezos de referencia dos parques eólicos instalados en Galicia
BOPG n.º 115, do 24.03.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a realizar unha análise da situación en relación coa valoración dos prezos de referencia dos parques eólicos instalados en Galicia poñendo a disposición pública o seu resultado para favorecer a transparencia nas negociacións entre os promotores e os propietarios dos terreos afectados polo desenvolvemento de nova potencia renovable na nosa Comunidade”.