A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 24 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 16814 (11/PNC-001703)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para que o Servizo Galego de Saúde asuma a sanidade penitenciaria
BOPG n.º 152, do 09.06.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que solicite do Goberno do Estado:
1.- O traspaso das competencias en materia de saúde penitenciaria á Xunta de Galicia para a súa asunción polo Servizo Galego de Saúde, de conformidade co estabelecido na disposición adicional sexta da Lei de Cohesión do Sistema Nacional de Saúde 16/2003 de 28 de maio, de xeito que a atención a este colectivo se realice na rede sanitaria pública galega. Esta transferencia debe estar acompañada dos medios humanos, económicos e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo; así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co Sergas.
2.- Que realice sen mais demoras o o traspaso das transferencias da AP-9 e á da Xestión do Dominio Público Marítimo Terrestre tamén demandadas por unanimidade desta cámara en reiteradas ocasións.”
- 17082 (11/PNC-001737)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa cobertura das prazas vacantes de radioloxía no Hospital da Mariña
BOPG n.º 155, do 16.06.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que de xeito urxente se repoña o servizo de radioloxía do Hospital da Mariña, cubrindo as dúas prazas de radiólogos que a día de hoxe están vacantes con persoal estable e garantindo a atención do proceso completo (diagnose e tratamento no propio especialista) no propio Hospital da Maria, mantendo tamén o proceso complento do cribado do concro de mama no mesmo."