saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 16 de xuño de 2021

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 16 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 16286 (11/PNC-001640)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para apoiar o proxecto solidario de vacinación contra a covid en Cuba
BOPG n.º 144, do 26.05.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galiza fai a seguinte declaración de vontade:
 
1.- Mostrar o apoio ao levantamento do embargo económico, comercial e financeiro que o Goberno dos Estados Unidos de América mantén contra Cuba e maniféstase a favor dunhas relacións baseadas no respecto á legalidade internacional, a paz, a soberanía nacional, a liberdade e a cooperación entre ambos os estados.

2.- Apoiar a campaña de solidariedade internacional promovida por Solidariedade para o Desenvolvemento e a Paz (SODePAz) destinada á adquisición de xiringas para vacinación contra a covid-19 do ensaio de intervención comunitario da cidade de La Habana.

3.- Enviar esta resolución á Xunta de Galiza e os consulados de Cuba e Estados Unidos emprazados en Galiza, así como tamén ás embaixadas de Cuba e Estados Unidos en Madrid.
 
O Parlamento de Galiza insta o Goberno galego a:

1.- Mostrar o apoio ao levantamento do embargo económico, comercial e financeiro que o Goberno dos Estados Unidos de América mantén contra Cuba e maniféstase a favor dunhas relacións baseadas no respecto á legalidade internacional, a paz, a soberanía nacional, a liberdade e a cooperación entre ambos os estados.

2.- Participar na campaña de solidariedade internacional promovida por Solidariedade para o Desenvolvemento e a Paz (SODePAz) destinada á adquisición de xiringas para vacinación contra a covid-19 do ensaio de intervención comunitario da cidade de La Habana.

3.- A que nas súas relacións coas Institucións dos Estados Unidos de América expresen a condena polo mantemento do embargo económico, comercial e financeiro a Cuba, así como os anime a derrogar, o antes posíbel, as leis Helms Burton e Torricelli e insten ao Goberno español a facer o mesmo.”
 
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións

 
- 16614 (11/PNC-001685)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 4 máis
Sobre as accións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a creación de salas Gesell nos xulgados das sete principais cidades galegas
BOPG n.º 147, do 02.06.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia á creación de salas Gesell nos xulgados das 7 principais cidades galegas.”
 
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina