A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de xuño de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de xuño de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos Lexislativos
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, de reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (doc. núm. 16419, 11/PPL-000007)
Publicación do acordo, BOPG n.º 144, do 26.05.2021
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 145, do 27.05.2021
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, orgánica para presentar perante o Congreso dos Deputados, de transferencia dos servizos meteorolóxicos radicados en Galicia á Xunta de Galicia (doc. núm. 2021, 11/PPLC-000002)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 24.09.2020
Punto 2. Comparecencia
17295 (11/CPP-000059)
Do Sr. Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, por petición propia, para informar sobre a situación do sector turístico galego e apoio da Xunta no bienio Xacobeo
Punto 3. Mocións
3.1 17223 (11/MOC-000049)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do sector eólico (Moción a consecuencia da interpelación doc. núm. 15774, publicada no BOPG núm. 148, do 3.06.2021, e debatida na sesión plenaria do 8 de xuño)
3.2 17244 (11/MOC-000050)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da xestión dos recursos humanos no Servizo Galego de Saúde (Moción a consecuencia da interpelación doc. núm. 16363, publicada no BOPG núm. 148, do 3.06.2021, e debatida na sesión plenaria do 8 de xuño)
3.3 17245 (11/MOC-000051)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do sector da automoción (Moción a consecuencia da interpelación doc. núm. 14348, publicada no BOPG núm. 148, do 3.06.2021, e debatida na sesión plenaria do 8 de xuño)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 15949 (11/PNP-001543)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia relativas á creación dunha unidade de muller e saúde dependente da Consellería de Sanidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140, do 19.05.2021
4.2 16525 (11/PNP-001610)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa contratación de servizos aéreos para a defensa contra os incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147, do 02.06.2021
4.3 16547 (11/PNP-001613)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre o mantemento por parte da Xunta de Galicia, para o curso 2021/2022, do mesmo número de docentes que no curso actual, con independencia do incremento que se poida derivar da ampliación de oferta educativa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147, do 02.06.2021
4.4 16709 (11/PNP-001629)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Murillo Solís, María Guadalupe e 5 máis
Sobre a defensa por parte da Xunta de Galicia da autonomía financeira e capacidade normativa en materia tributaria e a demanda ao Goberno de España da reversión da modificación do artigo 36 da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas que prevé o Proxecto de lei de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
4.5 16840 (11/PNP-001639)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre as accións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co mantemento do emprego nas fábricas Xallas Electricidad y Aleaciones S.A. de Cee e Dumbría
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
4.6 16968 (11/PNP-001658)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España de modificar a tramitación e autorización de proxectos eólicos en Galicia
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
Punto 5. Interpelacións
5.1 8822 (11/INT-000522)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa perda de actividade industrial e de emprego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 88, do 03.02.2021
5.2 16147 (11/INT-000923)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da incompatibilidade da Renda de inclusión social de Galicia coa percepción do Ingreso Mínimo Vital
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 140, do 19.05.2021
5.3 16780 (11/INT-000972)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre a política da Consellería de Política Social respecto dos recursos destinados á dependencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
6.1 17287 (11/POPX-000035)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre o papel que atribúe aos concellos a Xunta de Galicia para afrontar a reactivación
6.2 17288 (11/POPX-000036)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as previsións para abaratar a factura da luz
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 17101 e c.e. 17311 (11/PUP-000192)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis
Sobre os pasos previstos pola Xunta de Galicia para seguir impulsando a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
7.2 17284 (11/PUP-000189)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio da humanidade
7.3 12884 (11/POP-001775)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
Sobre a situación de temporalidade de persoal ao servizo da Administración pública galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 24.03.2021
7.4 16924 (11/POP-002197)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre o funcionamento do complexo de Sogama en Cerceda
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
7.5 10372 (11/POP-001515)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da execución, no primeiro semestre de 2021, das obras de renovación das beirarrúas da estrada PO-552, ao seu paso por Priegue e A Ramallosa, no concello de Nigrán
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 17.02.2021
7.6 13679 (11/POP-001857)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre a dotación orzamentaria do Programa Aprol-Economía social para o ano 2021, así como respecto do número de cooperativas beneficiarias previsto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 121, do 07.04.2021
7.7 16554 (11/POP-002160)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre a implementación de medidas que garantan a protección e o acceso á xustiza das vítimas da violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147, do 02.06.2021
7.8 17281 (11/PUP-000187)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria
Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia do cumprimento da Lei 2/2014 e do funcionamento do Observatorio Galego contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero
7.9 16692 (11/POP-002223)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre a valoración por parte da Xunta de Galicia do distinto trato que o Goberno de España dá á reforma da Lei de saúde pública de Baleares e á reforma da Lei de saúde de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147, do 02.06.2021
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente