saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia para o día 27 de abril de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 27 de abril de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 20 de abril de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto Lexislativo
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, orgánica para presentar perante o Congreso dos Deputados, de transferencias complementarias a Galicia en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguranza viaria (doc. núm. 1962, 11/PPLC-000001)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 24.09.2020
 
Punto 2. Comparecencia
 
2.1 14462 (11/CPP-000052)
Do Sr. conselleiro de Facenda e Administración Pública, por petición propia, para informar sobre o peche do exercicio 2020 e do gasto ocasionado pola pandemia da covid-19
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 14350 (11/MOC-000037)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Albert, María
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas novas plantacións de eucalipto. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 13205, publicada no BOPG n.º 118, do 31.03.2021, e debatida na sesión plenaria do 13.04.2021)
 
3.2 14351 (11/MOC-000038)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co acoso escolar. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 13127, publicada no BOPG n.º 118, do 31.03.2021, e debatida na sesión plenaria do 13.04.2021)
 
3.3 14380 (11/MOC-000039)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que se deben levar cabo en relación co encaixe no marco legal do Estado da modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 13407, publicada no BOPG n.º 118, do 31.03.2021, e debatida na sesión plenaria do 13.04.2021)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 10287 (11/PNP-001022)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa resolución aprobada polo Parlamento Europeo respecto do aumento dos recursos pesqueiros no mar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 17.02.2021
 
4.2 12447 (11/PNP-001227)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
 Sobre o deseño polo Goberno galego dunha carreira investigadora
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 17.03.2021
 
4.3 12470 (11/PNP-001231)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas peaxes das autoestradas autonómicas AG-55, A Coruña-Carballo, e AG-57, Puxeiros-Val Miñor
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 17.03.2021
 
4.4 12964 (11/PNP-001282)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Porro Martínez, María Corina e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central respecto dos proxectos pendentes coa cidade de Vigo, así como sobre os textos legais e as medidas que a prexudican
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
 
4.5 13974 (11/PNP-001372)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego das actuacións necesarias para acadar que Repsol renuncie á aplicación do ERTE anunciado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 123, do 13.04.2021
 
4.6 13998 (11/PNP-001376)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa asunción de novas competencias pola Comunidade Autónoma de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 123, do 13.04.2021
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 3279 (11/INT-000196)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa transferencia a Galicia das competencias pendentes
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 30, do 14.10.2020
 
5.2 8259 (11/INT-000507)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 nos centros hospitalarios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
 
5.3 12718 (11/INT-000728)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa mellora da atención primaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 24.03.2021
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 14493 (11/POPX-000027)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as medidas que se consideran necesarias para a desescalada en Galicia
 
6.2 14494 (11/POPX-000028)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
Sobre a concreción da anunciada posta en marcha dun novo modelo de atención ás persoas maiores
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 13535 (11/POP-001832)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da elaboración e implementación, antes do verán de 2021, dun plan de rescate específico para os servizos das festas patronais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
 
7.2 13954 (11/POP-001894)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Iglesias, María do Carme e 3 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para garantir a continuidade da actividade de construción, reparación naval e do emprego no estaleiro San Enrique (antigo Vulcano), de Vigo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 123, do 13.04.2021
 
7.3 14461 (11/PUP-000173)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as liñas de actuación comprometidas pola Xunta de Galicia co empresariado afectado polo incendio do polígono industrial do Ceao, en Lugo
 
7.4 8075 (11/POP-001217)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Murillo Solís, María Guadalupe e 7 máis
Sobre a situación na que se atopan neste momento as obras de saneamento da ría de Pontevedra que ten en marcha o Goberno galego
Publicación da iniciativa, BOPG nº 79, do 20.01.2021
 
7.5 13792 (11/POP-001874)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a asunción polo Goberno galego do compromiso de dialogar coa sociedade co obxectivo de iniciar e dar cumprimento ás accións requiridas polo Consello de Europa para cumprir a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias antes do 1 de agosto de 2023.
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 121, do 07.04.2021
 
7.6 10630 (11/POP-001532)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a valoración por parte da Consellería de Emprego e Igualdade do desenvolvemento do VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 17.02.2021
 
7.7 13647 (11/POP-001850)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre o número de prazas que ofrece o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia en cursos de prevención de riscos laborais ao abeiro do actual plan anual de formación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 121, do 07.04.2021
 
7.8 14495 (11/PUP-000174)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla
Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia do acontecido no programa
Land Rober emitido pola TVG o día 8 de abril de 2021
 
7.9 10502 (11/POP-001573)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as razóns da evolución que presenta a UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e as do peche de quirófanos para convertelos en espazos para ese fin en lugar de establecer un reforzo estable durante toda a pandemia.
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 96, do 17.02.2021
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina