saltar ao contido

Acordos da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 8 de abril de 2021

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 8 de abril de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 12088 (11/PNC-001228)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co acceso das familias ás prestacións por fillo ao cargo e ao ingreso mínimo vital
BOPG n.º 108, do 10.03.2021
 
Sométese a votación a transacción acadada entre a iniciativa e a emenda do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, doc. núm. 13926, e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reclamar ao Goberno de España:
 
1. Garantir a percepción da prestación por fillo a cargo para aquelas familias que non resulten beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital (IMV), tendo en conta que o IMV busca garantir as necesidades básicas de fogares en risco de exclusión social e a prestación por fillo a cargo é una medida relacionada con prestar un apoio ás familias na atención aos custes da crianza dos seus fillos.
 
2. Apostar polo reforzo da prestación por fillo a cargo dirixida a fogares con fillos menores de idade ou maiores afectados por una discapacidade igual ou superior ao 65%.
 
3. Axilizar a tramitación das solicitudes presentadas ao IMV, garantindo o acceso a este recurso, en tempo e forma, á poboación que o precisa. Entre outras medidas, solicitar o deseño dun sistema de trasvase coordinado co Goberno galego que ofreza garantías aos beneficiarios das rentas mínimas autonómicas.
 
4. Reclamar a transferencia a Galicia da xestión do Ingreso Mínimo Vital de acordo co previsto na disposición adicional cuarta do Real Decreto-lei 20/2020, de 29 de maio".
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 10588 (11/PNC-001085)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da pandemia da covid-19 nos diagnósticos e capacidade asistencial dos servizos de oncoloxía do sistema sanitario público de Galicia
BOPG n.º 96, do 17.02.2021
 
Sométese a votación separada por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1.Intensificar os procesos de cribado e detección precoz de cancro, para tratar de reverter na medida do posible o problema de déficit de diagnósticos provocado pola pandemia en 2020.
 
2. Avaliar a implementación de novos sistemas de cribado e detección precoz de cancro, para casos e tipos que hoxe aínda non estean sendo incorporados aos procesos de cribado que leva a cabo o Sergas”.
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 12947 (11/PNC-001324)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención á fibrose pulmonar idiopática
BOPG n.º 115, do 24.03.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que ao longo desta lexislatura:
 
1.Garantizará o diagnóstico precoz do paciente con Fibrose Pulmonar idiopática, a través do impulso de:
 
a) Plans de formación específicos en Atención Primaria sobre Enfermidades Pulmonares Intersticiais.
 
b) Protocolos para a derivación rápida dos pacientes con sospeita de FPI, dende Atención Primaria aos correspondentes Servicios de Neumoloxía e Unidades de Enfermidades Pulmonares intersticiais hospitalarias.
 
2. Incentivará a investigación sobre estas pataloxías e o desenrolo de novos tratamentos.
 
3. Desenrolará campañas informativas para a cidadanía, có fin de promover o coñecemento xeral sobre este tipo de enfermidades."
 
- 13434 (11/PNC-001352)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa estratexia de vacinación contra a covid-19. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 115, do 24.03.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
1. Presentar no Parlamento a actualización da estratexia de vacinación para os vindeiros meses, coa priorización de grupos, onde se van administrar as vacinas, papel de Atención Primaria, reforzo de persoal…
 
2. Publicar diariamente todos os datos desagregados referidos ao proceso de vacinación: grupos de prioridade, lugares de vacinación..."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina