saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 31 de marzo 2021

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 31 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 10900 (11/PNC-001117)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e seis máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do mantemento das salas do 091 da Policía Nacional nas comisarías provinciais de Ourense e Lugo, así como sobre o aumento dos medios humanos e materiais desas comisarías
BOPG n.º 100, do 23.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a manter as Salas do 091 da Policía Nacional nas Comisarías de Ourense e Lugo, e así mesmo aumentar os medios humanos e materiais cos que contan ditas Comisarías provinciais."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina