A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 26 de febreiro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 5849 (11/PNC-000701)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e dous/dúas máis
Sobre a habilitación polo Goberno galego dun espazo como sala de agarda propia e digna para as vítimas de violencia de xénero no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Viveiro
BOPG n.º 56, do 02.12.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que á maior brevidade habilite no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Viveiro un espazo propio e digno como sala de agarda para as mulleres maltratadas que comparecen nel."
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021