saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 19 de febreiro de 2021

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 8580 (11/PNC-000903)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e sete máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego, para o ano 2021, dun plan de prevención para minimizar o risco de incendios forestais e aumentar a resiliencia en Galicia
BOPG n.º 82, do 26.01.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia á elaboración dun plan preventivo para o presente exercicio 2021 que aglutine todas as accións preventivas necesarias para minimizar os riscos de incendios e aumentar a resiliencia do noso territorio”.
 
- 8584 (11/PNC-000905)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e sete máis
Sobre o impulso e desenvolvemento polo Goberno galego dunha estratexia para o sector cárnico
BOPG n.º 82, do 26.01.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar e desenvolver unha estratexia para o sector cárnico de Galicia”.
 
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 5910 (11/PNC-000711)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e dous/dúas máis
Sobre a execución polo Goberno galego da totalidade do orzamento dos programas de desenvolvemento rural nos períodos correspondentes
BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a executar o 100% do orzamento dos programas de desenvolvemento rural nos períodos que proceda, co fin de darlle ao rural galego todos os elementos posibles para subsistir dignamente e acadar melloras que lle fagan gañan en consideración social."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina