saltar ao contido

Balseiro Orol reivindica o protagonismo do Parlamento “agora e con máis esforzo ca nunca” para canalizar os problemas e inquedanzas sociais


Particiou en Vegadeo nun foro sobre Comunicación e Escola canda o presidente do Senado e a presidenta da Xunta Xeral do Principado de Asturias
 
 
• Define a política como “servizo ao ben común, imprescindible para mellorar a vida das persoas”

Santiago, 24 de marzo de 2011.- O secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, afirmou que os diferentes parlamentos “agora, e con máis esforzo ca nunca, temos que canalizar os problemas e inquedanzas dos cidadáns”.
 
Balseiro Orol efectuou estas reflexións este mediodía en Vegadeo (Asturias) onde particiopou no III Foro Comunicación y Escuela, organizado polo Instituto de Educación Secundaria “Elisa y Luis Villamil” desa localidade. Neste acto tamén interviron o presidente do Senado, Javier Rojo, e a presidenta da Xunta Xeral do Principado de Asturias, Mª Jesús  Álvarez.
Ante un grupo de alumnos de 3º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato que conformaban o auditorio, o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia reivindicou “o papel da política, que atopa a súa máxima expresión no Parlamento, como servizo ao ben común, como actividade imprescindible para mellorar a vida das persoas”.
 
O representante do Parlamento de Galicia tamén insistiu na necesidade de que desde as diferentes cámaras lexislativas se promovan e faciliten “vías de conexión cos cidadáns, buscando sempre unha comunicación fluída”.
 
Nesta liña, Balseiro explicou que para conmemorar o 30 aniversario da súa creación, o Parlamento de Galicia se dispón a organizar actividades encamiñadas a visibilizar a actividade da institución.
 
Autogoberno e competencias
 
“A evolución do Parlamento neste anos é a evolución do autogoberno galego e do afianzamento competencial. Para celebralo, e sen perder nunca de vista o escenario de austeridade no que nos movemos, estamos ultimando unha serie de actividades conmemorativas que nos permitirán chamar a atención dos cidadáns sobre esta efeméride”, aseverou o orador.
 
Na mesma liña, indicou que a Presidencia da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA) que acaba de asumir Galicia “será aproveitada  para reivindicar o papel da política como instrumento para a resolución dos conflitos e das diferenzas”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina