saltar ao contido

Acordo da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 18 de febreiro de 2021

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 9320 (11/PNC-000968)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre o impulso por parte do Goberno galego do desenvolvemento dun plan de recuperación específico para a pesca artesanal e o marisqueo
BOPG n.º 88, do 03.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
- Desenvolver un plan de recuperación específico para a pesca artesanal e o marisqueo dirixido aos armadores artesanais, aos seus tripulantes, mariscadoras a pé, percebeiros, etc, que amosen interese en continuar coa súa actividade extractiva e axuden ao non desmantelar a cultura mariñeira, ao mantemento das comunidades costeiras coa súa forma de vida dependente da pesca e do marisqueo.
- Seguir desenvolvendo o Plan AVANTEMAR de apoio ao sector marítimo-pesqueiro para axudar a soster a actividade deste sector durante esta pandemia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina