4.1 2612 (11/PNP-000260)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e sete máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e aos grupos parlamentarios con representación nas Cortes Xerais en relación coa supresión ou modificación do artigo 18 do Proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética, así como para acadar un consenso para que esta modificación ou calquera outra que se faga no futuro na Lei de costas se leve a cabo logo dun estudo e dun diálogo co complexo mar-industria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno do Estado e aos Grupos Parlamentarios con representación nas Cortes Xerais:
1. A supresión ou modificación substancial, previo diálogo co sector afectado, do artigo 18 do Proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética.
2. A acadar un consenso para que esta e calquera futura modificación da Lei de Costas se emprenda tras un estudio profundo e o indispensable diálogo co complexo mar-industria alimentario, ofrecendo con iso un marco de estabilidade necesario para o mantemento dos investimentos e do emprego”.
4.3 7754 (11/PNP-000819)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a situación da pesca galega logo do acordo entre a UE e o Reino Unido en relación co "Brexit"
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Levar a cabo sen dilación todos os trámites necesarios diante do goberno do Estado para o recoñecemento de Galicia como ‘zona altamente dependente da pesca’, como medio para unha maior protección do sector e para a mellora do seu acceso ás cotas de pesca e ao financiamento da súa actividade produtiva.
2. Demandar do goberno do Estado a realización de todas as xestións precisas para promover a revisión do chamado ‘principio de estabilidade relativa’ no seo da Unión Europea como garantía dun reparto equitativo e axustado ás capacidades produtivas de cada país.
3. Instar o goberno do Estado ao recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galicia, da súa participación e consentimento naquelas cuestións de especial relevancia para a súa economía, nomeadamente en materia pesqueira.
4. Programar e levar a cabo plans de continxencia e de apoio económico e social para o sector pesqueiro e as zonas máis afectadas polo recente acordo entre a UE e o Reino Unido que palíen as consecuencias puntuais máis inmediatas do mesmo”.
4.4 8793 (11/PNP-000883)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en colaboración co Goberno do Estado tendentes a lograr que a empresa Gamesa-Siemens manteña a actividade da planta das Somozas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia:
1. Demanda á Xunta de Galicia a que se dirixa á empresa Siemens-Gamesa instándolle a que suspenda o ERE da Planta das Somozas e acepte a formación dunha mesa de traballo conxunta co Goberno España, a Xunta de Galicia e a representación dos traballadores da empresa, que teña como obxectivo atopar solucións que garantan a viabilidade e o futuro da planta.
2. Insta a Xunta de Galicia a que, en colaboración co Goberno do Estado, utilicen todos os mecanismos á súa disposición para lograr que GAMESA-SIEMENS manteña a planta das Somozas, apostando pola súa modernización e pola implantación de novos proxectos industriais que garantan a carga de traballo para os traballadores da empresa”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.